A ABE únese á campaña da Deputación para garantir un Nadal libre de agresións machistas

23 Decembro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) uniuse á campaña A Única Química Posíbel (#aunicaquimica posible) impulsada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña para fomentar un Nadal libre de agresións machistas. “Nunha época coma esta”, sinala a patronal boirense que dirixe Daniel García, “é importante concienciar e informar a cidadanía sobre o dereito a poder gozar dunhas festas libres de submisión química e de todo tipo de violencias, onde a igualdade, o consentimento e o desexo mutuo sexan a base de toda relación”.

Por este motivo dende a ABE sumáronse a campaña ao tempo que reivindican “que a única química posíbel nas relacións é a que está baseada na igualdade, o consentimento e a atracción mutua, e, en definitiva, no desexo entre as partes implicadas”.

E engaden: “A submisión química é a administración ou inxestión de alcol e/ou outras drogas que algunhas persoas empregan con fins delitivos; ademais abusar dunha persoa que está baixo os efectos da submisión química é un delito, mirar e non impedilo tamén o é”.

Dende a ABE recordan tamén que a submisión química pode darse de dúas formas: oportunista (cando a persoa consume de forma voluntaria alcohol e/ou drogas) ou premeditada (cando se lle administra á vítima unha sustancia para anular a súa vontade). “Nunha época coma o Nadal, chea de festas e saídas nocturnas, é máis importante que nunca fomentar as relacións en igualdade e ocupar os espazos de lecer desde unha óptica de seguridade e diversión para todas as persoas”, sinalan dende ABE, engadindo que “somos conscientes do problema e queremos aportar o noso gran de area trasladándolle aos nosos socios e ao público en xeral esta información”.

Esta iniciativa encádrase dentro das accións do plan da igualdade da Asociación Boirense de empresarios, entre as que destacan a utilización de linguaxe inclusiva en todas as comunicacións e publicacións, a colaboración con entidades que promoven a igualdade, a colaboración en actividades inclusivas e a participación na Mesa de Coordinación Institucional Fronte á Violencia de Xénero organizada polo Concello de Boiro e que vén de publicar recentemente un primeiro avance das súas conclusións.

A ABE tamén lembra que quen queira adherirse á campaña da Deputación pode facelo na web da entidade provincial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.