Unha conferencia sobre pediatría abriu as xornadas sociosanitarias de Outes

25 Novembro 2022

Coa conferencia Como está a pediatría a día de hoxe? daba comezo este xoves 24 de novembro o programa de actividades das XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. O relatorio foi impartido pola doutora Marian Rodríguez Blanco, pediatra no Hospital da Barbanza. A conferencia foi feita no CEIP Plurilingüe de Outes, baixo unha asistencia de mais de 50 persoas. A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, Mariam Rodríguez foi agasallada cunha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 15 de decembro de 2022, baixo o título: Vacinación do papiloma en varóns e a poliomielite e o síndrome postpolio impartida pol doutor Ángel Lado Llerena, médico especialista de Atención Primaria de Outes, e celebrarase na Casa de Cultura da Serra de Outes.

As xornadas veñen da man do Concello (Centro Social e Centro de Saúde), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria, a USC, ADISBISMUR e a Asociación Cultural Terra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.