Presentación IV Ciclo Victoriano García Martí que reivindica o legado deste ilustre veciño da Pobra

23 Novembro 2022

García Martí convértese en protagonista do calendario cultural da Pobra neste mes de decembro
coa cuarta edición do ciclo dedicado á súa persoa para seguir afondando así na traxectoria vital e profesional deste fillo predilecto da localidade e darlle o lugar que merece no panorama cultural galego. Deste xeito, a Concellaría da Cultura engrosa as actividades en homenaxe ao escritor e xornalista, xa que, no verán, tamén se efectuou un itinerario teatralizado por espazos vinculados a este ilustre veciño, en colaboración coa Asociación de Periodistas de Santiago (APSC/FAPE), no marco dos actos promovidos pola entidade xornalística.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), afirma que a Administración local ratifica o seu compromiso de divulga-la figura e obra de persoeiros que forman parte do patrimonio cultural e estreitamente vinculados á vila. Por iso, outubro dedícase a Valle-Inclán e decembro a García Martí, dous intelectuais cuxa unión vai máis alá de contar cunha programación propia: existía unha amizade entre ambos, unha relación que transcende, pois o Museo Valle-Inclán pobrense custodia o fondo documental, bibliográfico e fotográfico de Victoriano, depositado pola familia Bermejo Rubio. A edil apunta tamén que “tiña unha mente europeísta, cosmopolita, progresista, feminista”, ademais de ser un “gran defensor e difusor da cultura galega e da liberdade de prensa.”
Foron moitas as achegas de García Martí ao ámbito da cultura dende diversas vertentes, cuestión á cal se refire o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), ao describilo como “un home polifacético”: secretario do
Ateneo de Madrid, editor das Obras completas de Rosalía de Castro, promotor do primeiro congreso de prensa de Galicia, discípulo do filósofo francés Henri Bergson e autor dunha fecunda produción literaria e
xornalística.

A cuarta edición desenvolverase na primeira fin de semana do vindeiro mes. A conferencia O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela, a cargo de Esperanza Mariño Davila, marcará o inicio do ciclo no día 2, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Na xornada seguinte, día 3, concentrarase o groso das propostas: Trécola levará a música tradicional a espazos céntricos da vila, das 18.30 horas en diante, para lle dar paso, ás 19.00 horas, á ofrenda floral ante o busto do intelectual, na propia praza García Martí, e desprazarse novamente ata o Auditorio para asistir á presentación da edición facsimilar El emigrante (1931), da man de Xesús Laíño Briones-Arén, ás 19.30 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...