O PG presenta a Agrupación Local en Ribeira

19 Novembro 2022
O Partido Galego presentou este sábado a Moisés Domínguez responsable da Secretaría Local

Abriu o acto o Secretario Xeral Maxi Vázquez, que incidiu na necesidade de devolver a utilidade e a altura de miras á politica actual, afondar na solidificación dos proxectos Reais e produtivos do país e consolidar unha alternativa política con toma de decisión no país para evitar a falta de actuacións precisas a nivel Galego.

Pola súa banda o Presidente Xosé Mosquera fixo unha reflexión sobre a situación da pesca galega debida a que a xestión do mar se executa dende a meseta.

Na presentación da Agrupación Local, interviu o novo Secretario Local Moisés Domínguez, un dos membros máis novos desta Agrupación, graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e implicado socialmente na súa parroquia de Oleiros.

Remarcou entre outras, as seguintes problemáticas:

-Política urbanística, é preciso levar a cabo proxectos como a construción da biblioteca municipal, a residencia de maiores, rematar a estación de autobuses, aumentar as zonas verdes que foron substituídas por formigón, dotar a ribeira dunha alameda que podería estar situada por detrás do grupo escolar, rehabilitación de edificios ruinosos no centro da cidade para o seu posterior aluguer para negocio e vivenda, construción dun aparcadoiro de caravanas. Tamén velaremos por mellorar as infraestruturas nas diferentes parroquias de Ribeira.

-Política de mantemento das infraestruturas xa existentes como a limpeza de cunetas, reparación do alumeado ou o asfaltado de pistas.

-Política sanitaria considerando urxente a mellora do centro de saúde de Ribeira. Imos traballar para conseguir a dotación de médicos tan necesaria, así coma o aumento de servizos de especialistas no hospital do Barbanza e a dotación dun médico o centro de saúde de Corrubedo.

-Política social daremos cobertura absoluta as persoas dependentes que precisen do servizo de axuda no fogar, velaremos polas persoas maiores que vivan solas creando programas de acompañamento no que os nenos e os maiores poidan aprender xuntos.

Rematou indicando que o Partido Galego preséntase en Ribeira coa intención de facer unha política que mellore a vida da veciñanza deste concello, facendoa partícipe da mesma, neste senso nos meses de decembro é xaneiro faranse reunións veciñais en cada unha das 9 parroquias de Ribeira para escoitar as necesidades dos veciños e transmitirllas ao concello e incluílas no noso programa electoral.

Na mesma reunión a Agrupación tamén elixiu a Oscar Casais como Secretario Local de Organización, que vai coordinar as accións adecuadas para consolidar o proxecto do Partido Galego.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.