Miñones visita Ribeira para coñecer os proxectos locais de sustentabilidade e dixitalización que teñen o apoio do Goberno

23 Novembro 2022

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou Ribeira este mércores 23 de novembro, onde analizou os proxectos locais do Concello na compaña do alcalde Manuel Ruiz, proxectos que contan coa implicación directa do Executivo central, como a reforma do Consistorio. Miñones trasladou ao rexedor o compromiso do Goberno coa mellora dos servizos municipais, con 2.836.394,24 euros para rehabilitar a Casa do Concello a través do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP). “Hoxe celebramos que o Plan de Recuperación do Goberno chegou a Ribeira para mellorar a calidade de vida da súa veciñanza”, subliñou José Miñones.

O delegado do Goberno fixo saber que s ditos 2,8 millóns de euros concedidos a Ribeira para rehabilitar o edificio do Concello enmárcase na Liña 1 do PIREP Local, o programa de axudas que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) vén de conceder a concellos galegos para a rehabilitación de 36 edificios públicos da súa titularidade.

Miñones e Ruiz recordaron que a obra da Casa Consistorial de Ribeira permitirá mellorar a eficiencia enerxética do edificio, a accesibilidade e a calidade arquitectónica. O Concello instalará unha cuberta vexetal con 289 m2 de paneis solares e unha fachada de dobre pel que aproveitará o calor en inverno e a ventilación en verán. Ten un curso total de tres millóns e medio de euros. “Son os veciños e veciñas de Ribeira os principais beneficiados desta obra, que deberá estar rematada en setembro de 2024”, sinalou José Miñones.

En suma, os investimentos do Goberno no municipio de Ribeira superan actualmente os nove millóns de euros. Á rehabilitación da Casa Consistorial do PIREP Local súmase a mellora do CEIP Frións, con preto de 700.000 euros a través do PIREP autonómico.

O delegado destacou ao 2 millóns de euros concedidos para o deseño e creación do Museo do Mar e o pulo ao turismo sustentábel; e os 3,1 millóns para a mellora e transformación enerxética da comisaría de Policía Nacional do municipio. Tamén salientou as iniciativas locais do Plan Único-Banda Larga, que na súa última convocatoria inclúe actuacións para achegar a conexión de alta velocidade a máis de 1.500 vivendas e empresas de Ribeira. Estas accións súmanse a outras iniciativas coma as transferencias do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero ou a incorporación de axentes de innovación coa Rede InnPulso.

“O compromiso do Goberno de España cos concellos é firme e estase a traducir en investimentos e melloras palpables dos servizos públicos en Ribeira”, concluíu José Miñones.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...