Mares da Fin do Mundo premia ás cineastas galegas na V Mostra

01 Novembro 2022

A V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrou hoxe a última das cinco xornadas programadas para esta edición. A Mostra, organizada polo Concello de Outes e patrocinada pola Deputación de Coruña e a Xunta de Galicia, foi patrocinadora do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) 2022, promovido pola FAO e liderado en España polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España.

A derradeira xornada abriuse coa saída do veleiro histórico Joaquín Vieta, que leva máis dun século navegando polas nosas augas, permitindo aos asistentes coñecer a ría de Muros e Noia dende o mar. Paralelamente, a Asociación Terra de Outes volveu sumarse a esta travesía coas súas embarcacións tradicionais.

No relativo ás proxeccións, nesta quinta xornada tivo lugar a conmemoración do  centenario da considerada unha das primeiras longametraxes documentais da historia. A sección Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos, acolleu este ano a proxección, en formato fílmico,  de Nanook of the North, de Robert J. Flaherty (Estados Unidos, 1922).

A continuación, comezou o acto de clausura da V edición, coa entrega de premios aos filmes que participaron na competición. O filme de Diana Toucedo, Tatuado nos ollos levamos o pouso recibiu o galardón á Mellor Película da Competición Oficial (trofeo “O Faro”). O premio foi outorgado por un xurado profesional que valorou a “marcada proposta autoral cun achegamento poético ao marisqueo en Galicia”, así como a “posta en valor do patrimonio inmaterial dos oficios tradicionais do mar”. A maiores, o xurado outorgou unha Mención Especial ao filme Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco. En palabras do xurado, o filme foi merecedor desta distinción pola “creatividade na utilización de distintos recursos, destacando a recuperación de arquivos históricos, coa visibilización dos oficios atlánticos en risco de desaparición”. Pola súa banda, a obra Last of Us, de Andrea Marcovicchio, recibiu o trofeo “O Sancosmeiro”, como gañador do Premio do Público.

Durante o acto de clausura proxectáronse tamén as obras do Obradoiro de Cinema con Móbiles e procedeuse á entrega de diplomas aos participantes nesta actividade de formación de novos públicos, coa presenza de Manuela Oviedo (xerente do GALP Costa Sostible) e María Xosé Alfonso  (directora do IES Poeta Añón). Da man de Marcos Gallego e Domingo D. Docampo, o alumnado entrou en contacto coa cinematografía e o tratamento narrativo do seu entorno patrimonial, social e medioambiental.

Como colofón, proxectouse Spitsbergen, o Gardián do Ártico, de Ignacio Benedeti Corzo (España, Galicia, 2021). O filme de clausura desta edición expón as nefastas consecuencias do cambio climático e o quecemento global, a través das aventuras que vive o director a bordo do buque rompexeos Malmö.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...