“Fraga, contra reloxio!. Xulio Xiz

25 Novembro 2022

   De Fraga chamou sempre a atención dos que coincidíamos con el en celebracións e actos de todo tipo, a súa velocidade, como querendo aproveitar – dominar – o reloxio, como se fose consciente en todo momento de que o tempo se nos vai, e hai que aproveitalo ao segundo… E de repente, no seu centenario, lembro tres – para min – especiais “tempos”con el, en Lugo, Begonte e Vilalba.

En Lugo…

    Abril de 1990. A Peña de Amigos de San Roque que presidía José Serafín Pena Souto quixo render homenaxe a Xoan Montes, con busto daquela os xardíns do barrio, e eu colaborei como secretario de  organización. Nun dos actos participou Manuel Fraga, Presidente da Xunta, e os membros da organización e autoridades tiñan previsto chegar uns minutos do comezo da celebración para recibir ao Presidente. Por se acaso, como teño por costume, adianteime máis de media hora.
    Trinta e cinco minutos antes da hora prevista para o comezo, apareceu o Presidente Fraga sen ninguén con máis representación ca min para atendelo. Extrañado de que non houbese ninguén máis, preguntoume que podíamos facer, coa boa sorte de que apareceu un grupo de señoras de idade – menor que a teño eu hoxe – entusiastas de Fraga, que o rodearon e comezaron a preguntar cousas e facer observacións. Non se me ocorreu outra cousa que trasladar ao grupo, espontáneo pero compacto, a un bar da mesma praza, onde pasaron na mellor das harmonías o tempo que faltaba para a recepción oficial do Presidente.

Pregoeiro en Begonte

    A segunda, en 1992, comezo do mes de decembro, Manuel Fraga pregoeiro do Nadal begontino na igrexa parroquial, ás seis da tarde. Da Radio Galega avisaron previamente que ás seis e cinco, despois do informativo, entrarían en directo para transmitir o pregón. Perfecto.
    Antes das seis menos cuarto chegou Fraga, e recibímolo o Alcalde, o párroco e máis eu. Presentámoslle aos que estaban para recibilo, e como facía frío, entramos na Igrexa. Eran as seis menos dez e preguntoume cando empezabamos… respondinlle que estaba posto para as seis, e procurarimos ser o más puntuais posible.
    Ás seis menos cinco sinaloume repetidamente o seu reloxio co índice esquerdo e eu respondinlle cun xesto de desolación indicando que no meu faltaban cinco minutos, e funcionaba ben.
    Ás seis xa lle entendín o sinal de que ou empezábamos ou se levantaba, polo que puntualmente comecei cos prolegómenos, falando dos vinte anos do Belén (Agora son 50), a súa traxectoria, a lembranza do fundador e do creador, a Coral que ía cantar – naturalmente, a Polifónica de Vilalba – e a singular traxectoria do Pregoeiro do Nadal. Nunca souben se a Radio Galega chegou a tempo ou non. Fixen o que puiden.

No Certame de Vilalba

    En Vilalba non é unha ocasión determinada senón numerosos 30 de agosto, desde 1975 celebración do pregón das festas e culminación do Certame Literario.
    Se a cita era ás sete, había que chegar ás seis e media porque Don Manuel, que viña da súa casa na que os vellos chamamos “A carretera”, chegaba sempre moi cedo. “Hola, presentador”, era o seu saúdo. Non eran as autoridades o que o recibían, senón que na práctica era Fraga, con mando en praza (fose cal quixer o cargo que ostentase) quen recibía a invitados e autoridades. E quería empezar os actos cando aínda non chegaran os principais actuantes, a pesar de que estes contaban con chegar con tempo abondo.
    En Vilalba o problema era menor porque nunca faltaban vellos ou novos coñecidos, de todas as clases sociais, que querían aproveitar a ocasión para estreitar a súa man. En Vilalba a súa paciencia era proverbial, e resistía presentacións, actos, saúdos, pregóns… con estoicismo exemplar. Só unha vez abandonou o local mediado o pregón, porque ao pregoeiro, gran amigo del por certo, se lle ocorreu percorrer teoricamente a historia da música, acompañando a oratoria con fragmentos  musicais de todos os tempos que soaban nunha sala ateigada de atónitos asistentes.                   
    Cando iban arredor de tres cuartos de hora da conferencia, Don Manuel cansou e deixou ao amigo coa palabra na boca, e como dixo Cervantes “miró al soslayo, fuese y no hubo nada”. O pregón durou tres cuartos de hora máis.
    Aínda me parece estar escoitando os firmes pasos dos zapatóns de Fraga no piso de madeira do salón. Hoxe, cumpriría cen anos.

Outros artigos

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

+

“Funeral de Estado y vida en el más allá”. José Fernández Lago

El miércoles veintinueve de octubre de los corrientes ha tenido lugar un Funeral de Estado, con motivo del primer aniversario de más de doscientos veinticinco muertos, como consecuencia de la dana sufrida en algunos pueblos, más que nada de la provincia de Valencia....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El amor” – Manuel Domínguez

“El amor” – Manuel Domínguez

El amor. Amar es sufrir, dolor, lagrimas, hoy o mañana. ¿Mañana? ¿Qué es el mañana? ¿Existe el mañana? ¡Si! Mientras exista tú. Tú eres el mañana. Hay “heridas” que sangran más que la propia herida. ¿Qué es el amor? El amor es la aceptación de perderte. A veces el...

“Cuando preguntar molesta” – José Castro López

“Cuando preguntar molesta” – José Castro López

Las acusaciones lanzadas por miembros del Gobierno contra el corresponsal de ABC en Estados Unidos, David Alandete -le llamaron antipatriota- por preguntar a Donald Trump sobre España en la Casa Blanca, son un síntoma preocupante del deterioro del clima de respeto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.