Desmantelan un punto de venda de substancias estupefacientes na Pobra do Caramiñal

12 Novembro 2022

A Garda Civil desmantelou un punto de venda de substancias estupefacientes na Pobra do Caramiñal e detivo a unha persoa no transcurso desta operación, denominada ‘Hood Rebour’. A investigación iniciouse ao ter coñecemento da posible existencia dun punto de subministración de substancias estupefacientes a pequenos vendedores das mesmas no municipio do Barbanza.

Así, lograron identificar a unha das persoas que supostamente vendía estas substancias a pequenos vendedores e interceptárona mentres realizaba unha transacción deste tipo con outro home. Deste xeito, os axentes detiveron a esta persoa, “coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole”, como suposto autor dun delito contra a saúde pública. A Garda Civil achou no rexistro das súas pertenzas 900 dose de pole de haxix e 2.810 euros.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, as substancias e o efectivo atopado, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en centro penal.

Garda Civil

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...