Cinco militantes históricos foron homenaxeados polo BNG ribeirenses

13 Novembro 2022

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira celebrou onte unha emotiva homenaxe coa que agradeceu o traballo entregado realizado ao longo de tantos anos a cinco militantes históricos da formación nacionalista. 

Xosé Vázquez Cobas, Dores Vidal Peón, Xosé Antón Parada, Vicente Paz Carou e Luís Pérez Barral foron as persoas ás se lles agradeceu o traballo desenvolvido ao longo dos últimos anos nos que ocuparon importantes responsabilidades a nivel local. A militancia da localidade fíxolle entrega dun obsequio a cada un deles: a Cobas por desenvolver un traballo constante como portavoz, a Antón pola súa entrega militante desde a fundación do BNG, a Dores por ser concelleira nuns momentos decisivos, a Vicente por ser responsábel local durante a última década e a Luís por tomar o relevo e facer un traballo incansábel polo ben de Ribeira. Houbo tamén unha lembranza a Xosé Alberte, responsábel local durante anos e falecido en 2014. 

A deputada Rosana Pérez puxo en valor que estas cinco persoas levan anos de militancia nacionalista, nas que tiveron que afrontar situacións difíciles pero que “conseguiron deixar un Bloque máis forte, unido e capaz de liderar o vindeiro goberno de Ribeira”. 

Pérez Fernández cre que o goberno local demostrou estar esgotado e goberna incluso contra os intereses da veciñanza ribeirense. “Fronte ese goberno sen ideas, estivo e está o BNG sempre a carón das loitas sociais como as da veciñanza de Palmeira en defensa da sanidade ou educación públicas, a carón dos veciños afectados pola circunvalación ou ao lado da veciñanza de Aguiño que pide maior participación nos proxectos que se fan na parroquia, por só citar algúns exemplos”. 

O actual portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, aproveitou o acto para agradecer todo o traballo feito pola militancia na localidade sen a cal, asegurou, “non tería sido posíbel chegar ao momento no que hoxe estamos, preparados para gobernar Ribeira defendendo os intereses da veciñanza por riba de todo”. Asemade, Pérez Barral, incidiu na idea de que “urxe mudar este goberno, porque está dilapidando millóns de euros en cemento mentres esquece as necesidades básicas da poboación”.  

Fronte a parálise do goberno municipal con obras que non se acaban e que multiplican o seu custo, está un BNG centrado en facer propostas que resolven os problemas da xente de Ribeira. “Os bonos para o comercio, o trazado alternativo da circunvalación con menos custe social e ambiental, o proxecto de residencia pública ou o polígono industrial demandado polo Bloque desde 2009, son algúns exemplos da capacidade de traballo do BNG”. 

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.