
Cáritas Parroquial de Ribeira deu comezo o obradoiro Cociñas do Mundo: Marrocos, onde ó longo da semana coñecerán parte da súa cultura e dos seus costumes a través da gastronomía típica.
Un grupo de 25 personas, guiadas polas docentes responsables da actividade, descubrirán o legado de sabores doces e salgados que nos regala a gastronomía de Marrocos, a través de diferentes pratos principais e postres.
O obradoiro celebrase de 16.30 a 19.00 ata este venres 2, día da clausura.




