Bruxelas acolle o foro “o sector turístico, dinamizador dunha recuperación sostible” dirixido polo noso colaborador Alberto Barciela

24 Novembro 2022

O Parlamento Europeo acollerá na súa sede de Bruxelas o Foro “O sector turístico dinamizador dunha recuperación sostible”.

Será o vindeiro martes día 29 cando se celebre esta xornada monográfica na que intervirán expertos das institucións europeas e dos países máis relevantes no mundo da viaxe, e responsables das asociacións e empresas privadas.

O encontro, dirixido por Alberto Barciela, membro da Mesa do Turismo de España, contará coa participación de István Ujhelyi, Vicepresidente da Comisión de Transportes e Turismo do Parlamento Europeo; Marie-Helene Pradines, Head of Unit da dirección Xeral de Mercado Interior da Comisión Europea; José Antonio Barrionuevo, Director de Planificación Estratéxica e finanzas de Iberia; Juan Molas, Presidente da Mesa de Turismo, e José Luis Yzuel, Presidente da Asociación de Hostaleiros de España, e Jesús González Mateos de PRESTOMEDIA, entre outros.

No Foro abordaranse aspectos relativos ao ámbito da viaxe, valorando a transversalidade do mesmo para a economía. Será relevante a análise das prioridades sobre os que as Institucións europeas traballan, tales como a transición ecolóxica e a transformación dixital, social e cohesión territorial, e I+D.

No encontro incidirase na necesidade de lograr unha política turística común na UE, da importancia dos Fondos Next Generation para a recuperación e transformación do sector, á vez que se dará visibilidade a iniciativas e exemplos de éxito.

As diferentes mesas redondas que se desenvolverán na xornada serán: “Transición turística para liderar unha recuperación intelixente”; “Sustentabilidade e dixitalización: claves europeas na recuperación do turismo”; “Formación e investigación aplicada para o turismo do futuro”; e “Turismo desde o local”.

O sector turístico é a primeira industria de moitos dos 27 países da UE, incluída España.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...