Alumnado do IES Espiñeira participa nunha xornada de emprendemento no Coworking da Pobra

07 Novembro 2022

O Coworking da Pobra do Caramiñal recibiu este luns 7 de novembro a visita dun grupo de alumnas de alumnos do IES Espiñeira de Boiro, concretamente das rapazas e rapaces que cursan o ciclo superior de Administración e Finanzas. A visita foi unha xornada de emprendemento onde os estudantes tiveron ocasión de coñecer de primeira man as instalacións do espazo de traballo colaborativo e da Casa da Mocidade, ademais dos recursos que pon a Administración local ao dispor das persoas que desexen crear a súa propia empresa.

Xunto con Fátima Rodríguez, encargada da asistencia técnica, compartiron experiencias e ideas de negocio, ademais de coñecer as vinculadas ao Coworking pobrense.

Dáselles así continuidade ás xornadas que organiza periodicamente a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), como, por exemplo, o campus de emprendemento con perspectiva de xénero que tivo lugar no mes de xuño.

Esta visita atópase adscrita ás Aulas de Emprendemento do IES Espiñeira a través dunha axuda da Xunta de Galicia dirixida aos centros educativos para estimular o espírito emprendedor entre o alumnado.

Creado en 2017, o Coworking da Pobra consta dunha área de 143’23 metros cadrados con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende, con cabida para 8 módulos de traballo e destinado preferentemente a persoas emprendedoras que desexen crea-la súa propia empresa, e o espazo Nómades, con 2 módulos dirixido a persoas usuarias externas que non permanezan de xeito continuado no centro. Ademais, en 2022 formalizouse a súa integración na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.