A Xunta destaca a implicación de CONGALSA en iniciativas que facilitan a inserción laboral da mocidade

29 Novembro 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou hoxe a implicación de empresas como Congalsa na tarefa de facilitar a incorporación da mocidade ao mercado laboral. Díxoo nunha vista ás instalacións que ten no polígono da Tomada esta firma, que colabora coa recentemente iniciada segunda edición do programa Xuventude Mentoring, do mesmo xeito que xa o fixo o ano pasado, tanto a través de persoas mentoras traballadoras na empresa como favorecendo estas visitas.
Cristina Pichel explicou que a través do Xuventude Mentoring, facilítaselle a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos de idade asesoramento, formación e oportunidades para acceder a un emprego. Trátase de que estas persoas que acaban de rematar os seus estudos transiten de maneira efectiva da vida académica a un traballo, para o que contan co apoio dun ampla rede formada por persoas titoras, mentoras e empresas.
Durante tres meses, os participantes no programa ampliarán os seus coñecementos e habilidades, recibirán orientación individualizada e desfrutarán de diferentes actividades, como estas visitas a empresas —que comezaron a semana pasada con Zendal— ou conferencias, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades de emprego.
Empresa líder
Congalsa é unha das empresas de alimentación líderes do mercado. Coa súa sede principal na localidade coruñesa de A Pobra do Caramiñal, a compañía pechou en 2021 unha facturación de 113 millóns de euros e mobilizou un total de 26 millóns de quilos de produtos nas súas diferentes gamas. Con presencia comercial en países dos catro continentes, en 2020 Congalsa formalizou a adquisición da compañía lusa Sulpasteis para fortalecer a súa expansión internacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.