A Xunta apoia a 15 axencias de viaxe das comarcas de Santiago, Barbanza e Costa da Morte para axudar ao desenvolvemento das súas actividades

17 Novembro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a axencia de viaxe Trotta unha das beneficarias da orde de  axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ás axencias de viaxe co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da súa actividade. Estes apoios contaron cun orzamento de 650.000 euros para toda Galicia. Concretamente, nas comarcas de Santiago, Barbanza e Costa da Morte foron beneficiarias 15 axencias deste tipo que recibiron en total máis de 110.000 euros para axudar ao desenvolvemento das súas actividades.

Trenor explicou que esta orde tivo como obxecto seguir prestando axuda a un colectivo fundamental no conxunto das empresas de servizos turísticos, xa que as axencias de viaxe son instrumentos imprescindibles para a comercialización de Galicia como destino turístico, visibilizando toda a oferta turística a través do seu labor profesional.

Esta orde foi dirixida a todas as axencias de viaxe, que teñan un centro de traballo na comunidade galega e estivesen inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.

Nas bases consideráronse gastos subvencionables todos aqueles comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de outubro de 2022 como os gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia e gastos derivados da transformación dixital, cun importe máximo de subvención do 100 % do gasto subvencionable.

NOME COMERCIALCONCELLOOBXECTO DA AXUDA TOTAL AXUDA DEFINITIVA
BUSEANDOPORGALICIARIANXOMaquetacion e programación de tpv/tenda/axencia de viaxes     5.190,50 €
VIAJES FONTAO TRAVELRIBEIRAServizos de difusión e publicidade online, servizos community manager; adquisición equipos informáticos     9.212,00 €
2 AXUDAS     14.402,50 €

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.