A provincia da Coruña loce calidade e sustentabilidade no Fórum Gastronómic de Barcelona

09 Novembro 2022

Seguen adiante, no Fórum Gastronómic de Barcelona, as actividades de promoción turística da Deputación da Coruña ao abeiro da campaña A provincia que sabe.

Os e as representantes dos produtos “que saben” presentes no stand da institución provincial durante os tres días do evento gastronómico-turístico catalán coincidiron en salientar os bos resultados en canto a contactos comerciais realizados: desde cadeas de distribución e puntos de venda, ata  xornalistas e críticos especializados en turismo e gastronomía.

Baixo o paraugas institucional da Área de Turismo, e no marco da estratexia de promoción A provincia que sabe, nesta edición incorporouse a presenza de produtores e produtoras, xerentes e/ou directores executivos (CEOs) de varias marcas de produtos agroalimentarios procedentes dos xeodestinos da provincia.

Neste sentido, o viccepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira asegura que “destacar nunha feira tan competitiva coma esta, na que están representados todos os territorios do Estado, indica que contamos con produtores e produtoras con capacidade para destacarse, poñer en valor as súas marcas e pechar negocio”. Xosé Regueira explica que “precisamente esta nova estratexia de promoción, baseada na sustentabilidade e na calidade de toda a cadea agroalimentaria, é o camiño para avanzar en novas oportunidades de negocio e fomentar a empregabilidade en sectores con base no medio rural e no territorio, e aquí estamos vendo como o traballo de empresarios que buscan a especialización do seu produto implica un valor engadido con moi boa acollida”.

Ademais da liña de produtos agroalimentarios, o stand da Deputación tamén ofreceu sesións de cociña en directo que remataron nesta última xornada cunha demostración a cargo da cociñeira Bea Hermida e do cociñeiro Óscar Ures do restaurante A Cunca de Buño, Malpica de Bergantiños. Bea Hermida e Óscar Ures, que participaban no Fórum Gastonómic por vez primeira, achegaron ao público unha receita de ceviche de corvina e gambón, e unha fideuá con berberechos de Canduas e polbo de Malpica.

Produtos agroalimentarios “que saben” presentes no Fórum Gastronómic de Barcelona da man da Deputación

·       Arzúa: Queixo Galmesán, representado pola xerente da marca, Carmela Cano

·       Arzúa: Queixería As Verbas, representado por un dos tres socios e gandeiro, Xosé Lois Fernández Segade

·       Arzúa: Queixos Barral, a cargo de Francisco Muñoz e Laura Arrasa, representantes da marca en Barcelona

·       O Pino: Bica e tarta de améndoa de Vila sen Vento

·       Santiago de Compostela: Vermú Sardino, con presenza dos tres propietarios da marca, Ramón Costas, Carlos Rey e Alfonso Méndez-Benegassi

·       Carballo: Empanada ‘Costumes gastronómicos de Galicia’, representado polo director comercial, Antonio Claro, e polo xerente e panadeiro, Francisco Fraga

·       Carballo: Licores Bello Blanco, a cargo do propietario Borja Bello Blanco

·       Coristanco: Legumes ‘A Despensa D’Lujo’, con presenza de Lucía Calvo e José Iglesias

·       A Pobra do Caramiñal: A Conserveira, representada por Diego González Rodríguez

·       Cariño: Conservas vexetais ‘Amieiro’

·       Cariño: Conservas ‘La Pureza’

·       San Sadurniño: Galletas ‘Maruxas de Nata’

·       Ortigueira: Algas ‘Mar de Ardora’

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...