A Deputación e os concellos da nosa comarca xuntan forzas contra a violencia machista na nova campaña De Fronte

14 Novembro 2022

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, volve activar a campaña De Fronte á violencia de xénero. O obxectivo é “incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre a poboación moza”, ao tempo que se pon o foco nas novas novas tecnoloxías como elementos facilitadores das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista. Na nova edición da campaña, activa xa na páxina web defronte.gal, participan todos os concellos da nosa comarca: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame, Dodro e Outes. En total, conta coa adhesión de 88 concellos ademais de 59 entidades de carácter social, educativo, sectorial, cultural e deportivo. O programa inclúe actividades tan relevantes e innovadoras como unha ciberquedada xuvenil, vídeos nas redes de Melania Cruz ou un xogo interactivo.

“Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade” explicou María Muíño durante a presentación da campaña. A deputada indicou que “1 de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos considera que a violencia machista non existe e asimílana como un invento ideolóxico creado polo movemento feminista, e só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres”.

Programación

Ciberquedada para público xuvenil: as violencias dixitais serán o fío condutor dunha gran quedada que se retransmitirá o día 23 de novembro desde o IES Rosalía Mera e na que participará alumnado de máis dunha vintena de centros educativos de Secundaria. Esta actividade estará dirixida por persoal técnico especializado en violencias dixitais

-Vídeos: A actriz Melania Cruz será a cara visíbel dos microvídeos que se van pendurar o luns 21 na web da campaña (defronte.gal), e que ofrecerán información para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital, traballando temáticas como ciberacoso, sexting, sextorsión, grooming.

-Merchandising. A submisión química será o tema central que se abordará nesta acción. Trátase de facer visíbeis os casos de submisión química que se están a producir nos últimos anos e o perigo que implican para a integridade física e emocional das mulleres. Entregaranse 10.000 vasos co logo da campaña en centros educativos e na ciberquedada, chamando a atención sobre a necesidade de todas as persoas por igual de desfrutar das bebidas con seguridade.

-Actividades específicas. Crearase un xogo interactivo para público infantil e realizaranse actividades in situ en centros que traballan con persoas con diversidade funcional. Todas as actividades están deseñadas e coordinadas por persoal técnico especializado.

-Acto institucional 25N. O día 25 de novembro ás 09:45h no IES Puga Ramón realizarase a lectura institucional por parte da deputada de Igualdade, na que participarán persoal docente e alumnado do centro e membros da corporación provincial. Neste acto, o alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación realizará a estrea dun espectáculo preparado ad hoc para este día.

Relación de IES participantes

IES Manuel Murguía (Arteixo)

IES Leliadoura (Ribeira)

IES de Brión (Brión)

CPI Xanceda (Mesía)

IES Rosalía Mera (A Coruña)

IES A Cachada (Boiro)

IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)

IES Breamo (Pontedeume)

IES Nº 1-Ribeira (Ribeira)

CPI Ciaño Pequeno (Trazo)

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame)

IES Alfredo Brañas (Carballo)

IES ORDES (Ordes)

IES Espiñeira (Boiro)

IES Isaac Díaz Pardo (Sada)

IES Rego de Trabe (Culleredo)

IES de Pastoriza (Arteixo)

CPI de Zas (Zas)

IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes)

IES Félix Muriel (Rianxo)

IES Maximino Romero de Lema (Zas)

CPI Pecalama (Tordoia)

IES Cacheiras (Teo)

IES Camilo José Cela (Padrón)

Outros artigos

Martes 13, chuvias locamente fortes na primeira metade do día

Continuaremos este martes 13, baixo o dominio das baixas presións, polo que persistirá a inestabilidade atmosférica. Durante a mañá, a fronte moi activa da xornada do luns irá abandonando o país, deixando precipitacións xeneralizadas, que poderán ser localmente fortes...

+

Este xoves comezan as Festas de San Mauro (Boiro)

Esta semana celébrase unha nova edición das Festas de San Mauro, en Santiago de Lampón e Goiáns. Será no Pazo de Goiáns, precisamente, os días 15 de xaneiro (xoves) e sábado 17 de xaneiro. Trátase dos festexos na honra de San Mauro con alboradas, actos litúrxicos,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

“Dolorosamente emocionante” – Manuel Domínguez

Digo "dolorosamente" por haber llegado a esta triste situación, y emocionante, al ver salir en mil ciudades de EE UU, gentes de toda condición, a la calle defendiendo sus derechos. A Abraham Lincoln se le atribuye la famosa frase: "Puedes engañar a todo el mundo algún...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.