Unha vintena de asistentes acude na Pobra á formación sobre hortas ecolóxicas

06 Outubro 2022

Case unha vintena de persoas participan nas xornadas formativas sobre a iniciación á horta ecolóxica organizadas pola Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), ao abeiro do proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios.

Impartidas por un integrante do colectivo Sachos á Rúa, as sesións desenvólvense durante esta semana e a próxima (10 e 11 de outubro).

O Concello explicou que “aínda quedan algunhas prazas libres para os derradeiros días”, polo cal a xente interesada en sumarse tan só ten que chamar ao 981 843 280, marcando a extensión 2035, ou enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico promocion.economica@apobra.gal.

O temario abrangue dende as tipoloxías de solo ás planificacións de cultivos; nocións básicas que se complementarán coa práctica no terreo.

A referida iniciativa da Administración local ten como obxectivos a posta en valor da produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudábel e sustentábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...