Unha ameaza de bomba obriga a desaloxar os xulgados de Santiago de Compostela e a Cidade da Cultura

07 Outubro 2022

O 112 Galicia recibiu o aviso que condicionaba a seguridade nos xulgados da cidade ao fío das 15:00 horas. Posteriormente, as forzas da orde procederon ao desaloxo da Cidade da Cultura, como medida preventiva.

Tras a chamada recibida no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha en marcha un amplo dispositivo de seguridade, no que interviñeron os axentes da Policía Nacional, Local e Autonómica. Ademais, tamén foron informados os Bombeiros de Santiago de Compostela.

Deste xeito, despois dun exhaustivo rastrexo, os corpos de seguridade confirmaron que se tratou dunha falsa alarma.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.