Sofía e Mateo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

21 Outubro 2022

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano2021, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.
Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020.
En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Hugo’, ‘Leo’ e ‘Lucas’. A comparativa co ano 2020 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no terceiro lugar e no 2021 baixa ata o quinto posto, por detrás de Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto respectivamente.
Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Iago’, ‘Anxo’, ‘Mario’ e ‘Adrián’ que dan paso no 2021 a ‘Roi’, ‘Bruno’, ‘Luca’ e ‘Alejandro’.
En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse ‘Emma’ e ‘Lola’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alma’ e ‘Uxía’.
Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación
O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).
Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201006

I.G.E.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...