Segunda xornada de inmersión no universo valleinclaniano para a rapazada da primaria da Pobra

27 Outubro 2022
Segunda xornada de inmersión no universo valleinclaniano para a rapazada da primaria da Pobra.C.P.

Os colexios da primaria da Pobra do Caramiñal mergulláronse novamente no universo valleinclaniano
a través da función O avó e outras historias para contar?, a cargo de Charo Pita, baseada en O meu bisavó. Neste 27 de outubro foi a quenda de alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra, ademais de repeti-la experiencia o CEP Salustiano Rey Eiras; que estiveron acompañados/as un anaco da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A actividade desenvolveuse na sala Iconografía Contemporánea do Museo Valle-Inclán no marco da vixésimo cuarta edición das xornadas de homenaxe ao escritor.
O teatro regresará á institución museística con De paxaros na cabeza, da man de De Tal Cuento Tal Astilla, aberto a toda a cidadanía.
Representarase no venres 28, ás 20.30 horas. Como colofón, no sábado 29 procederase no Cantón da Leña, a partir das 12.30 horas, coa tradicional ofrenda cívica onda o monumento do literato, que incluirá unha lectura pública de textos e estará amenizada pola Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas da Asociación Amas de Casa. Haberá tamén unha ruada por espazos céntricos da vila coa música de Os Caraveiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.