Lois Pérez gaña o Premio Raía Lupa da Deputación con A tribo do mar

24 Outubro 2022

O xurado do XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña acordou conceder o galardón á obra A tribo do mar, que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Lois Pérez.

O xurado desta edición estivo composto por cinco escritoras e escritores de diferentes xeracións e cuxas obras figuran entre as máis lidas polo público infantil e xuvenil en Galiza, como son Fina Casalderrey, Marcos Calveiro, Antía Yáñez, Érica Esmorís e a gañadora da última edición, Andrea Maceiras.

A reunión estivo presidida polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, e en calidade de secretaria actuou a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz. Tamén estivo presente, sen voz e sen voto, a comisaria dos premios literarios da Deputación, Susana Pedreira.

No seu informe o xurado salientou que a obra gañadora está conformada “por diferentes voces que se enfían para amosar un relato que recolle a realidade actual da emigración”.

Sobre Lois Pérez

Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista.

No eido da literatura xuvenil, con A gruta da torre (Xerais, 2022), gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con Saltimbanqui (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Como poeta, publicou LP (2013) e Long Play (Xerais,2017), e gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por Blues do rei Bergman=B.B. King.

Fai parte do comité de redacción da revista Luzes,e como guionista e narrador, participou en Acorda, cartografía musical da represión fascista na provincia de Pontevedra, dirixido por Uxía e que contou coa participación de Tanxugueiras, Ugía Pedreira e outras/os artistas do país. Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas. 

Escribe de rock and roll e literatura no suplemento cultural «Táboa Redonda», que se publica os domingos co Progreso de Lugo e o Diario de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...