Galicia rexistra un total de 1.452 casos activos de coronavirus

01 Outubro 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.452, deles 289 son da área da Coruña, 192 da de Lugo, 246 da de Ourense, 164 da de Pontevedra, 233 da área de Vigo, 244 da de Santiago e 84 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 103 en unidades de hospitalización e 1.346 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 672.845 persoas curadas, rexistrándose 3.910 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 29 de setembro:

Home de 74 anos, da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Home de 78 anos, da área sanitaria de Vigo.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.981.226.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.745.567.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.