Detectados tres novos casos de gripe aviaria en alcatraces na costa de Galicia

10 Outubro 2022

A Xunta lembra a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas comerciais e particulares para evitar o contacto coas aves salvaxes.
A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de tres novos casos de influencia aviaria de alta patogenicidad (IAAP) en aves silvestres, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). Con estes son xa 17 os casos notificados en Galicia, todos eles en mascatos ou alcatraces comúns.

Trátase de tres animais desta especie (Morus bassanus) atopados en concellos costeiros da provincia da Coruña. Dous deles estaban enfermos, un na praia de Camelle (Camariñas) e outro en Corrubedo (Ribeira), mentres que o exemplar localizado na praia de Doniños (Ferrol) estaba morto.

Todas as aves foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros (A Coruña), onde seguindo o protocolo establecido entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, tras a toma de mostras, os animais enfermos foron eutanasiados e o cadáver eliminado conforme á normativa vixente.

Segundo informa a administración autonómica galega, durante este ano 2022 un total de 12 das 17 comunidades autónomas do Estado notificaron algún caso de gripe aviaria en aves silvestres.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...