Convocado o XIV Premio Atlante de Gravado

20 Outubro 2022

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital fai pública as bases da convocatoria do XIV Premio Atlante de Gravado que recollemos de seguido:

  1. Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
  2. Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.
  3. Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.
  4. Establécense: Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €, 3 premios dotados con 2.500 € cada un e 1 un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un artista nacido ou residente en Galicia. Estes premios estarán suxeitos ás retencións marcadas pola lei.
  5. Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación: Datos do autor: Nome e apelidos / Técnica utilizada / Medida da prancha / Breve currículo artístico / Fotocopia do DNI ou pasaporte / Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
  6. Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos, á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Ribeira. 15969 (A Coruña) España,  indicando no sobre “NO COMMERCIAL VALUE”, do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
  7. A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados premiados. Os gañadores, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares, máis as 2 probas de artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á Fundación Museo de Artes. Os 5 artistas galardoados recibirán da Fundación unha carpeta completa cos cinco gravados premiados.
  8. Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes.
  9. O xurado estará formado por 7 personalidades do mundo da Arte, e a súa decisión será inapelable. O veredicto emitirase no prazo máximo de dous meses desde a finalización do prazo de entrega das obras.
  10. A Fundación velará pola boa conservación dos traballos recibidos, pero non se responsabiliza polos danos causados durante o envío e devolución das obras. Os gastos de envío e retorno correrán por conta do artista. Se os envíos son desde España poderanse achegar os selos para a súa devolución.
  11. As obras sen retirar, nin reclamar no prazo de 2 meses transcorridos desde a entrega de premios, pasarán a engrosar a colección de Arte Gráfica da Fundación.
  12. As obras seleccionadas poderanse vender no transcurso da exposición, se previamente así o indicou o autor, que percibirá o importe integro da venda. Poñerase en contacto o artista co comprador.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.