As escolas infantís da Pobra participan na actividade Pinta a Valle-Inclán

18 Outubro 2022

Crianzas da educación infantil da Pobra do Caramiñal participan dende este 18 de outubro e ata o
día 2 de novembro na actividade Pinta a Valle-Inclán.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica do Museo Valle-Inclán, Araceli Abad, desprazáronse hoxe ata os centros de ensino infantil da localidade para o repartimento das láminas que teñen que decora-las/-los escolares da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo, e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.
Ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, a dita proposta consiste en colorear, debuxar ou aplicar calquera tipo de técnica plástica a unha silueta do intelectual impresa sobre papel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.