A partir do 24 de outubro poderemos descargar o Bono Activa Comercio

07 Outubro 2022

A partir do 24 de outubro os consumidores galegos poderemos descargar o Bono Activa Comercio, que estará operativo até o 31 de decembro a través da web bonosactivacomercio.gal. A través desta medida ofrécense 30 euros de desconto nas tendas que participen a máis de 160.000 persoas. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou este venres 7 de outubro, en Santiago de Compostela, na presentación do Bono Activa Comercio.

Conde dixo que o bono poderase empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa. Así, o comercio de proximidade poderá sumarse a esta iniciativa a partir do xoves que vén, 13 de outubro, rexistrándose na devandita web.

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras entre 20 e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras entre 30 e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

A Xunta destina 5M€ a esta iniciativa coa previsión de chegar a mobilizar 17M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.