Amicos estrea este xoves, no Elma da Pobra, a súa miniserie sobre a problemática do lixo mariño

18 Outubro 2022

A asociación inclusiva Amicos estrea esta semana, na gran pantalla, a miniserie Ronsel de Arousa, unha produción de seis capítulos que ten o obxectivo de concienciar sobre a defensa de pesca e o marisqueo sustentábel na ría de Arousa. A estrea está fixada para este xoves 20 de outubro ás 17.30 horas no Teatro Cinema Elma da Pobra do Caramiñal. Foi gravada e editada polo estudo ribeirense Lesmes Producións, ao abeiro do proxecto Peneira, unha iniciativa financiada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra a través dá Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

Javier Freijo é o protagonista da trama, que xunto co actor Federico Pérez, o seu irmán na ficción, ven de preto a problemática do lixo mariño un día que están a pescar e deciden loitar para poñerlle freo. Falan con mariscadores, biólogos, vendedores en lonxas, levan a cabo accións formativas… todo iso en diferentes localizacións en ambas beiras da ría de Arousa e acompañados de compañeiros e amigos.

A estrea será como dixemos este xoves día 20 de outubro ás 17:30 no Teatro Cinema Elma do Concello da Pobra do Caramiñal,. O acto estará capitaneado polo actor protagonista, acompañado dos seus compañeiros e o actor Federico Pérez.

Durante o transcurso do evento contarase tamén coa actuación do cantautor Manoele de Felisa, que amenizará o evento con cancións de temática mariñeira.

A partir da vindeira semana, a asociación da nosa comarca Amicos estreará os capítulos da szerie con periodicidade semanal nas súas redes sociais.

“Gustaríanos que a poboación local nos acompañase nun día tan especial para nós e para os protagonistas da miniserie”, sinalan dende Amicos.

A entrada será de balde.

Proxecto Peneira

O Proxecto Peneira de axentes de promoción e defensa da pesca e o marisqueo sustentábel na ría de Arousa é un proxecto de 14 meses de duración impulsado por Amicos e que esta liderado por persoas con discapacidade en colaboración coas confrarías, colexios e establecementos de venda dos produtos do mar.

Peneira tirará proveito da ciencia cidadá para reforzar a colaboración entre os sectores pesqueiros e máis estreitamente ligados ao mar, a poboación local e visitantes da ría de Arousa e sentará as bases dun modelo de desenvolvemento endóxeno inclusivo baseado na conservación do entorno litoral e mariño. Aplicando “unha perspectiva de ecoloxía social que vincule o estado de saúde do medio mariño e os hábitats litorais coa calidade de vida da poboación”, Peneira buscará maximizar o seu impacto sobre o medio mariño.

Ademais, o proxecto quere dar voz e apoderar ás persoas con discapacidade cun dobre obxectivo: por un lado, para a promoción de valores como a conservación dos espazos mariños e a sustentabilidade e, por outro, para a visibilización das competencias das persoas con discapacidade intelectual, non só na adquisición de coñecemento senón tamén na súa transmisión como axentes de cambio social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...