Alumnado da primaria da Pobra asiste a programas formativos contra o bullying

03 Outubro 2022

A Concellaría da Educación da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo
(Nós Pobra), organiza unha serie de accións formativas contra o bullying dirixidas a alumnado dos CEP Pilar Maestú Sierra e Salustiano Rey Eiras.
O programa consta de dúas sesións por grupo impartidas pola educadora social de Exeria.
Os puntos a abordar son a detección, prevención, resolución de conflitos, saúde mental, ciberbullying e intervención individualizada mediante unha metodoloxía dinámica e nun clima cómodo.
A mediados do mes de setembro iniciouse a primeira fase centrada nun test de detección para, no segundo trimestre do curso escolar, dar paso á segunda parte que se adapta ás necesidades detectadas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...