Activado o Xeoportal de Protección Civil de Galicia con información sobre riscos colectivos e plans de protección

25 Outubro 2022

A Xunta vén de activar o Xeoportal de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, unha nova ferramenta para achegarlle á poboación a máxima información sobre os riscos colectivos e os plans de protección existentes. Trátase dun visor estruturado en distintas áreas -medios, riscos e planificación municipal-, que permitirá o acceso a todos os recursos en materia de protección civil para a súa visualización, edición e descarga. Xa está operativo na seguinte ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/proteccion-civil-galicia.

Esta nova ferramenta divulgativa representa un servizo de transparencia para a cidadanía, que poderá coñecer de xeito sinxelo os mapas de riscos de protección civil e os plans de protección cos que debe contar cada concello. Pola súa banda, as persoas titulares das actividades suxeitas á normativa de autoprotección terán accesibles os datos de riscos externos aos que puidesen estar sometidas, e os servizos de emerxencias disporán de máis coñecemento espacial dos riscos e dos instrumentos de planificación para facerlles fronte. A medida beneficia tamén os concellos, aos que ofrece información de riscos dos plans autonómicos para a elaboración dos seus propios plans municipais.

Canto ás distintas áreas que abrangue, na de medios infórmase de todos os centros de emerxencias. Inclúese así a localización dos centros das forzas e corpos de seguridade do Estado, e da Policía Local e vixiantes municipais, así como dos parques de bombeiros, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal e os Servizos Municipais e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

Datos dos distintos tipos de risco

Pola súa banda, as capas de riscos recollen as análises dos riscos de protección civil e dos plans especiais autonómicos. Nelas distínguense os riscos tecnolóxicos, derivado dos establecementos que almacenan ou procesan substancias perigosas e para os que se representa a localización, as zonas de afección, os polígonos e a situación das sirenas. Cómpre sinalar que o visor proporciona toda a información que segundo a normativa ten que estar dispoñible para a cidadanía, como a actividade, substancias presentes, sistemas de aviso á poboación e medidas de autoprotección, entre outros aspectos.

Outro dos riscos incluídos é o relacionado co transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril. Respecto del pódense consultar as vías polas que transitan e a franxa de 200 metros a cada lado considerada de risco. Tamén pode visualizarse a categoría de risco para cada concello. Neste eido recóllense ademais os aeródromos da comunidade, as estacións de transporte público e as vías principais do transporte terrestre.

A ferramenta afonda tamén nos riscos naturais, con datos relativos a inundacións, incendios forestais e sismicidade. Deste xeito, inclúese información de risco de enchentes e de infraestruturas hidráulicas, as manchas de inundación para os escenarios de probabilidade de 10, 100 e 500 anos no caso de zonas inundables de orixe fluvial e de 100 e 500 anos para as de orixe mariño. Neste ámbito cómpre destacar as presas, con documentos dos plans de emerxencia a as medidas que debe adoptar a poboación en caso de emerxencia.

A información sobre incendios forestais permite visualizar os concellos con zonas de alto risco e o índice de perigo a nivel municipio, así como o Índice de Risco Diario de Incendio facilitado pola Consellería do Medio Rural. Canto ao risco sísmico recóllense as intensidades máximas esperadas para un período de retorno de 500 anos, tamén a escala concello. A maiores figuran todas as zonas de baño censadas, con datos sobre afluencia, perigosidade e categoría de cada unha.

Outra das áreas ofrece as obrigas en planificación de protección civil de cada un dos concellos de Galicia para os distintos riscos.

Sistema integrado de protección civil e emerxencias

A creación do Xeoportal de protección civil de Galicia responde á necesidade de dotar a comunidade dun sistema integrado de protección civil e emerxencias no que se defina con nitidez o papel de cada axente. Deste xeito a Xunta actúa ante os cambios que se poidan producir nese eido por mor do desenvolvemento industrial e tecnolóxico, as distintas interaccións co medio ou a evolución da poboación e da ocupación do territorio. De feito, a vocación do visor é seguir medrando e incluír toda a información cartográfica do ámbito da protección civil en Galicia que se vaia desenvolvendo.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.