A Xunta activa o INUNGAL para vixiar ao aumento dos niveis dos ríos ante posibles desbordamentos

28 Outubro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar o Plan Especial ante o risco de inundación en Galicia (INUNGAL), en situación de alerta, ante o posible desbordamento dos ríos Tambre, en Val do Dubra; do Verdugo, en Pontecaldelas; e do Deva, en As Regadas.

Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse enchentes puntuais.

Malia a intensidade das precipitacións caídas ao longo das últimas horas, non se rexistraron, no 112 Galicia, incidencias de consideración na contorna dos leitos que están baixo observación.

Sen embargo, si consta a intervención dos servizos de emerxencias nun albergue municipal, situado en Pontedeume. O aumento do caudal do río Eume provocou anegamentos puntuais nalgunhas das estancias nesta edificación. Así, ata o lugar, acudiron de inmediato, tras ser informados polo 112 Galicia, ao fío das tres e media desta madrugada, os Bombeiros do Eume, os membros de Protección Civil e os axentes da Garda Civil que, en conxunto, por precaución, procederon ao desaloxo dos sete hóspedes que pasaban a noite no inmoble.

Con todo, desde o 112 Galicia, recórdase a necesidade de incrementar a precaución nas contornas e estradas próximas a pontes ou torrentes, xa que a suba repentina dos caudais pode xerar dificultades na circulación.

Outros artigos

Mércores 4, nubes e claros con lixeira suba da temperatura

O mércores teremos néboas e nubes baixas en comarcas do interior, co avance do día irá quedando o ceo moi aberto en xeral con nubosidade de tipo alto. Pola noite volveranse cubrir os ceos polo oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...