A Pobra dinamiza o ocio da mocidade cunha variada axenda para outubro e novembro

19 Outubro 2022

A iniciativa A Pobra Moza! achega á localidade unha serie de propostas que se desenvolverán nos meses de outubro e novembro, coa praza Alcalde Segundo Durán como epicentro. Segundo manifesta o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), configúrase así unha axenda lúdica coa cal estimular e diversifica-lo ocio da xuventude maior de 14 anos mediante sesións musicais, talleres ou torneos de xogos. A primeira das accións terá lugar no 21 de outubro, ás 20.30 horas.
Consistirá nun Campionato de Futbolín e de Dardos. O prazo de inscrición continúa aberto ata o día 20 a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc3ybFauBIHT5_GKTSfe51U
97UndERxAcXRVGXFVsXbrzlqZQ/viewform
.

Establécense un total de tres distincións en ámbalas disciplinas con vales de compra para empregar en www.deanshop.es: 40 euros para o primeiro posto, 30 para o segundo e 20 para o terceiro. A maiores, contarase coa música da cabina Chocolate ata as 01.00 horas.
O Laser Tag desenvolverase no 4 de novembro, a partir das 17.00 horas, nas inmediacións do parque do Castelo. En caso de chuvia, trasladarase ao toldo da referida praza.
A música converterase na gran protagonista no 11 de novembro coas actuacións de Fuck Poseidón, Majora e Sesión DJ, das 23.00 horas en diante.
Impartiranse no 18 de novembro uns obradoiros de cultura urbana con graffiti e parkour, dende as 20.30 horas.
A programación rematará no 26 de novembro cun dobre torneo deportivo: 3×3 de fútbol sala e baloncesto. Comezará ás 19.30 horas e tamén haberá premios en formato de vales de compra. Para o Laser Tag, obradoiros e torneos deportivos habilitarase a vía telemática para se anotar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.