A mostra pictórica de Xoán Fernańdez na Pobra poderá verse a partir do día 7

03 Outubro 2022

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal vai dar acollida á mostra pictórica Abstracción vs. Figuración, de Xoán Fernández (Palmeira, Ribeira 1938). A inauguración será este 7 de outubro, ás 20.00 horas, nun acto organizado pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A entrada é libre ata completar a cabida.

Os cadros que integran esta exposición plasman etapas de estilo abstracto e figurativo, mesturando así o mundo real co fantástico.

Xoán Fernández conta cunha dilatada e consolidada traxectoria artística. A súa obra formou parte de exhibicións individuais e colectivas na Alemaña, Bélxica, Holanda, Madrid e Galicia. Ademais, parte das súas creacións consérvanse en coleccións privadas e en numerosas institucións tales como o propio Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Por todo este percorrido cultural, a A.C. Barbantia outorgoulle en 2019 o premio do Sereo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.