Absoltos dous axentes da Policía Local da Pobra acusados de golpear a un músico que tocaba na rúa

03 Outubro 2022

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu a dous axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal acusados de delitos de detención ilegal, falsidade en documento oficial e lesións por uns feitos sucedidos en marzo de 2014 durante a detención dun músico que tocaba na rúa e da súa irmá, os cales foron absoltos de delitos de atentado e, no caso do denunciante, tamén de lesións.

O tribunal entende que “non existe base para considerar cometidas as infraccións de detención ilegal ou de falsidade en documento oficial (ou de denuncia falsa, na cualificación subsidiaria introducida pola acusación pública) imputadas aos axentes”, pois indica que, para iso, “sería preciso demostrar a radical falsidade do plasmado na dilixencia de exposición de feitos”. Do xuízo resulta, segundo os maxistrados, “que non se poden reputar demostrados” os feitos delituosos que, segundo tal documento, levarían a cabo o músico detido ou a súa irmá, aínda que salientan que “tampouco consta demostrado que outros feitos foron os realmente acaecidos”. O mesmo criterio é aplicable, segundo a Audiencia, á imputación de detención ilegal, “xa sexa a directamente practicada polos axentes ou a que sería froito da indución xerada por tal dilixencia”.

Na sentenza a Sala recalca que non se probou que uno dos axentes cruzase a súa defensa regulamentaria sobre a zona do pescozo do denunciante e apertase para deixalo sen respiración. O tribunal asegura na resolución que durante uns minutos “se produciu un altercado violento entre os dous axentes e o músico, cuxas circunstancias non quedaron precisadas”. Así, incide en que non está suficientemente probado “se era o denunciante quen acometía aos axentes, os cales se defendían facendo uso das defensas, ou se eran aqueles os cales golpeaban ao músico, quen se limitaba a protexerse ou eludir os golpes”. Os maxistrados sinalan que durante o altercado “consta que ambos os axentes fixeron uso das súas respectivas defensas contra o denunciante, quen recibiu polo menos tres golpes con tal instrumento na cabeza”.

Ademais, afirman no fallo, contra o que cabe presentar recurso de apelación, que tamén se probou que a irmá do músico “interveu para axudar ao seu irmán e, para iso, forcexeou cun dos axentes, nun incidente que non quedou precisado”.

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...