A Área de Cultura de Rianxo compartiu a súa axenda para este días de setembro, un completo programa de actividades que se completa coas accións propostas por outras entidades culturais do concello.
-Sábado 10 de setembro
20:00 h – Auditorio de Rianxo. Festival de Corais de Arousa e Ulla, coa participación da Rondalla de Cariño, a Coral Polifónica La Salle (Santiago) e Coral Polifónica Abraira de Asados. Organizado polo Centro Cultural Simón Varela de Asados e a Coral Abraira.
Festas da Guadalupe – Praza de Castelao

22:00 h – Verbena Sinfónica. A Banda da Escola de Música de Rianxo iniciará a verbena desa noite cun concerto sinfónico cantado por Silvia Ferre e José Manuel Domínguez. Unha verbena co moito sabor rianxeiro e cos arranxos orquestrais do compositor Antón Alcalde.
23:30 h. Roi Casal en concerto co seu proxecto Descubrindo a Habana Galega. Actuación enmarcada no Programa Rede Cultural promovido pola Deputación da Coruña

-Xoves 15 de setembro
Festas da Guadalupe praza Rafael Dieste
21.30 h. Noite Folc – Feirón Mariñeiro (coas actuacións dos grupos Tres Pesos, Fiandola e Pan sen Fron (Pandereteiras sen Fronteiras).
-Venres 23 e sábado 25 de setembro no Auditorio de Rianxo
21.00 Estrea da nova montaxe de Teatro Airiños, República Sideral. Un texto de Esther Carrodeguas. Premio Barriga Verde 2020, baixo a dirección de Amantia Coello. Organiza Teatro Airiños
-Venres 23 e sábado 24 de setembro. Araño. Varias localizacións.
II Ciclo Hórreo Vivo.
Unha proposta cultural con diversas actividades que busca a posta en valor do patrimonio arquitectónico, ambiental e inmaterial do Araño organizado conxuntamente pola Asociación Cultural Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e a Comunidade de Montes do Araño, coa colaboración da Deputación da Coruña, da Asociación Avoar e do Concello de Rianxo

-Domingo 25 de setembro na praza Rafael Dieste
21.00 h Concerto a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo, no marco da celebración da Festa dos Dolores, organizada pola Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo.
Exposicións (no Auditorio de Rianxo)
-Do 3 ao 30 de setembro – Área de Exposicións – Exposición de arte naive Emocións, da artista holandesa afincada en Rianxo Karin Kuijper.

-Do 5 ao 19 de setembro. Primeiro Andar do Auditorio. Mostra dos traballos presentados ao I Certame de Creación de Títeres, promovido por Titiribeira e o Concello de Rianxo. Durante a mostra o público visitante poderá escoller os seus monicreques preferido e emitir o seu voto para as distintas categorías do certame.
