Posta en valor das actividades turísticas e culturais do verán na Pobra

30 Setembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal ofreceu o balance turístico e cultural do verán de 2022, nos meses comprendidos entre xuño e setembro, ámbolos dous incluídos. A Administración local pon en valor o patrimonio do municipio e botou a andar numerosas actividades coas que dinamiza-la vila e repercutir positivamente na economía local.
A concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), xunto coas técnica municipal, Ángeles Tubío, deu conta dos datos relativos a esta área. Un total de 2000 persoas achegáronse á Casa Mariñeira a solicitar información turística da vila e da comarca, mantendo así a cifra do pasado ano, ademais de ampliar o horario de atención ao público. En canto a turismo nacional, destacan as visitas procedentes de Madrid, País Vasco, Cataluña, Castela e León e Andalucía; seguidos dos visitantes galegos, fundamentalmente, das provincias da Coruña e Pontevedra. No que respecta ao ámbito internacional, os principais países emisores foron Francia, Inglaterra e Irlanda. Tamén viaxaron de Alemania, Holanda, Dinamarca, Romanía, Estados Unidos e América do Sur (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e Uruguay).
Houbo tamén persoas peregrinas: 230 chegaron en kayak pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e do Río Ulla e, en menor medida, a pé a través do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe. A súa procedencia sitúase, sobre todo, en Andalucía, Madrid, Comunidade Valenciana, Canarias e Cataluña, aínda que tamén de países coma Portugal, Francia, Holanda e Dinamarca.
Durante a Semana do Mar, as actividades tiveron unha alta demanda.
Houbo seis saídas de turismo mariñeiro nas que participaron 70 persoas e mantén así o interese xerado en anteriores anos, con gran éxito de participación. As viaxes en veleiro pola ría da Arousa transcorreron durante 12 xornadas, cunha participación de 400 persoas. Acádase o dato máis elevado dende o 2020.
Xestionáronse tamén viaxes en catamarán ao Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas, con 2 saídas a Sálvora e 2 a Ons. Moveron así máis de 300 persoas.
As rutas marítimas en lancha por tres puntos cruciais da ría da Arousa (bateas, illa da Rúa e illa do Areoso) contou coa participación de 120 persoas en 13 saídas.
Outra actividade de dinamización turística que se puxo en marcha neste exercicio foron as rutas guiadas polo río das Pedras con 4 excursión cunha afluencia de 30 persoas.
Cómpre subliñar o seguinte no relativo ás regatas: travesía Navega el Camino, composta por 26 veleiros e 105 navegantes; e Regata Rías Baixas Xacobeo 2022, na que participaron 80 embarcacións e 1800 persoas (entre tripulación e familiares que se desprazaron por terra).
Ao eido cultural referiuse a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE); e a técnica do Museo Valle-Inclán pobrense, Araceli Abad. Máis de 2000 persoas achegáronse ata a institución museística nestes meses; producíndose un incremento con relación ao 2021 no que a cifra se situou nas 1572. As visitas foron maioritariamente de carácter individual e familiar, pero tamén se rexistraron excursións organizadas, nomeadamente, en setembro.
Salientaron o bo funcionamento das visitas guiadas (74 persoas) que se ofertan nos venres.
A orixe é principalmente nacional (Madrid, comunidades autónomas do norte de España, Andalucía e Cataluña), con énfase no territorio galego, sobre todo, das provincias da Coruña e Pontevedra. Á cabeza do conxunto de público internacional atópanse Portugal, Reino Unido e Francia.

Aumentou, ademais, o fluxo de veciñanza da localidade (77 persoas), especialmente de mocidade, e tamén de xente de municipios da contorna que ben pisaron en reiteradas ocasións o Museo ou ben era a súa primeira experiencia no mesmo.
O crecemento fíxose notar tamén nas redes sociais con máis visitas e seguidores.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lo que dicen y lo que realmente hay”.  José Fernández Lago

“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago

Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.