Outes empodera tecnoloxicamente ás mulleres do concello para mellorar a súa empregabilidade

29 Setembro 2022

O CIM (Centro de Información á Muller) de Outes organiza este outono un curso para mulleres desempregadas que porá o foco na súa capacitación tecnolóxica e no seu adestramento de cara aos procesos de procura laboral e entrevistas de traballo. Celebrarase entre o 17 e o 19 de outubro. Aquelas mulleres interesadas en participar deberán anotarse chamando ao teléfono do CIM (981 850 949) ou no enderezo electrónico cim@outes.gal, antes do 7 de outubro.

O curso, encadrado no programa de formación para o empoderamento feminino Dana+ da entidade estatal Fundación Mujeres, achegará ás asistentes á situación actual do mercado de traballo e mostraralles como pór en valor as súas habilidades e competencias á hora de buscar un emprego. Tamén se lles adestrará nas mellores técnicas e tecnoloxía a empregar e no emprego da Internet. O obradoiro levarase a cabo no Centro de Emprendemento de Outes (A Capela). Está destinada a mulleres de entre 18 e 65 anos.

A actividade está organizada pola Fundación Mujeres, o Concello e o CIM municipal.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...