O marisqueo na ría de Noia-Muros podería abrirse esta semana

28 Setembro 2022

As análises realizadas o luns polo Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) apuntan a que a marea vermella está a remitir e, de confirmarse esta tendencia, a actividade extractiva podería iniciarse esta mesma semana.

A análise das mostras tomadas o luns nos bancos marisqueiros da ría noiesa deron un resultado negativo en biotoxinas. Para que se autorice a actividade extractiva de bivalvo as analíticas deben dar negativo dous días consecutivos, polo que se se confirma que os niveis están a descender coas novas mostras tomadas na xornada deste martes, os labores de extracción poderían volver ás praias este xoves.

En previsión de que poida iniciarse a campaña este xoves, aprazouse ás sete da tarde o acto de presentación do programa Econoia 3 que estaba previsto para as dez da mañá no Liceo de Noia.

Losada

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión