Este 17 de setembro celébrase no Pavillón da Serra o XXIV Encontro dos Maiores de Outes

O Concello de Outes organiza no remate do verán a XXIV edición do Encontro dos Maiores, que se celebrará este sábado 17 de setembro. A xuntanza celebrarase cun xantar gratuíto que terá lugar no Pavillón da Serra ás 14:00 horas e cunha actuación musical despois da comida. Haberá tamén servizo de autobuses, que sairán ás 12:30 horas e farán as paradas existentes nas estradas xerais cos seguintes itinerarios:

-Cuns – Ceilán – Ribademar – Serra

-Cabanamoura – Seara – Serra

-San Lourenzo – Berres – Serra

-Vila do Monte – Río de Outes – Serra

-Esperante – Carleo – Cambeiro – Serra

-Arestiño – Ribeira – Serra

-Vara – Cruceiro de Roo – Serra

As persoas maiores que queiran participar neste encontro, deben anotarse, antes do 12 de setembro, no Centro Social ou no teléfono 981 850 575 (de 8:00 a 14:00 horas).