O Congreso sobre o Reino de Galiza rematou cun seguimento presencial e telemático que superou o milleiro de persoas

23 Setembro 2022

Finalmente chegou ao seu remate a primeira edición do Congreso Internacional sobre o Reino de Galiza, impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Fíxoo superando as expectativas de asistencia previstas, tanto no plano presencial como no telemático. Os diferentes relatorios foron seguidos en persoa por máis de 150 asistentes, mentres que ás retransmisións en liña sumáronse congresistas (1000 xa só durante a primeira xornada, con picos de visualización en directo de 300 asistentes) de toda España e outros países como Arxentina, Brasil ou Portugal.

En palabras do deputado Xurxo Couto, o congreso demostrou ser “xa un éxito antes de comezar”, pois as inscricións para as conferencias completáronse en apenas un mes; un interese, tanto nas interaccións e seguimento nas redes, que xa percibimos en canto comezamos co traballo de comunicación”. Couto agradeceu o “fantástico labor” do equipo que fixo posible o congreso: 16 persoas en traballos de comisariado ou dirección, produción, comunicación, imaxe, streaming e interpretación de linguaxe de signos.

Pola súa banda, o comisario científico do congreso, Anselmo López Carreira, destacou deste xeito a importancia do congreso: “Constatamos que a existencia de Galicia como reino está de certa actualidade e conseguimos estimular o interese do público por afondar no seu coñecemento, pero tamén demos un paso adiante para solucionar o atraso evidente con respecto a outros territorios que constituíron reinos e teñen xa celebrado eventos, como Navarra e Granada, ou que o teñen dabondo recoñecido, como Aragón-Cataluña”. López Carreira tivo palabras de eloxio para a Deputación da Coruña, para os relatores e as relatoras e para os moderadores e moderadoras dos coloquios: “Durante estes catro días, foron quen de facer ver que o legado cultural e artístico producido naquel tempo e transmitido ata nós en cantidade e calidade moi satisfactoria, facilita un frutífero diálogo entre historia e patrimonio”.

No Regnum totius Gallaeciae. O Reino medieval de Galicia interviron relatores e relatoras de diferentes perfís que abordaron cuestións relacionadas coa historia, a arte, a literatura, ou a organización administrativa do Reino medieval de Galicia e que chegaron a Santiago procedentes de diferentes institucións, como as universidades de Nova York, Barcelona, Santiago de Compostela, Salamanca ou Oviedo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.