O Concello pobrense e Amicos alíanse para a difusión dos beneficios da compostaxe comunitaria

09 Setembro 2022

A Pobra do Caramiñal dispón dende o mes de xullo de tres puntos de compostaxe comunitaria:
na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), de Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira) e do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler). Precisamente
neste último espazo deuse a coñecer nesta xornada unha nova acción na que traballan conxuntamente a Concellaría do Medio Ambiente e a Asociación Amicos.
Unha persoa usuaria desta entidade visitará nas vindeiras semanas os edificios e vivendas familiares sen terreo das áreas anteriormente citadas para explicárlle-la veciñanza os beneficios da compostaxe comunitaria, o seu funcionamento e os recursos que a Administración local pon ao seu dispor, segundo deron a coñece-la concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Beatriz González. Trátase dun paso máis en materia medioambiental ao tempo que se contribúe á inserción laboral de persoas con diversidade funcional, aspectos que se enmarcan na liña de traballo do organismo social, tal e como expuxo Pilar Sampedro, coordinadora do Centro de Atención
Integral.
José Francisco Manteiga será a persoa encargada de efectua-la campaña de divulgación que comezará polo sector de influencia de Raquel Fernández Soler e irá identificado cos logos das dúas institucións
promotoras. Do 12 ao 16 de setembro irá en horario de mañá, de 09.30 a 13.30 horas, mentres que do día 20 ao 23 fará o itinerario en quenda de tarde, dende as 16.00 a 20.00 horas. Refórzase así a campaña informativa previa que consistiu no envío de dípticos aos domicilios acompañando a factura da auga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.