Medio Rural e o Concello de Outes traballarán para pór en valor as terras do municipio

09 Setembro 2022

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Outes colaborarán na posta en valor das terras do termo municipal. Farano impulsando as ferramentas que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así o confirmaron este 9 de setembro o conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde de Outes, Manuel González, que acordaron estudar esta posibilidade durante o encontro mantido en San Caetano, no que tamén participou de forma telemática a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

O conselleiro animou ao rexedor a localizar no seu territorio municipal zonas para desenvolver posíbeis polígonos agroforestais ou aldeas modelo. O alcalde amosou a súa vontade de colaborar nesta materia e interesouse polas posibilidades que ofrece este tipo de ferramentas. Neste senso, José González trasladou ao rexedor que “o obxectivo prioritario destas ferramentas é poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha actividade agrícola ou forestal”. Ademais, tamén se busca deste xeito previr incendios forestais.

Noutra orde cousas o conselleiro sinalou que se van estudar posíbeis actuacións de acondicionamento de viarios no termo municipal, coa finalidade de “mellorar a calidade de vida dos habitantes en xeral e dos agricultores e gandeiros que empregan habitualmente eses camiños”.

Por último, o titular de Medio Rural comprometeuse a estudar a posibilidade de colaborar nun proxecto de recuperación de produtos agrarios tradicionais neste concello, en concreto a cebola de San Cosme, mediante as distintas liñas de axuda que ofrece a Axencia Galega da Calidade Alimentaria ou mesmo a través da medida Leader.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.