Máis de 160 persoas participan en modalidade presencial na VII Andaina Solidaria de CONGALSA

11 Setembro 2022

Máis de 160 participantes completaron hoxe un roteiro de nove quilómetros no marco da modalidade presencial da VII Andaina Solidaria de CONGALSA. Os camiñantes saíron ás 10.00 h. desta mañá da igrexa de San Isidoro de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal, para chegar unhas dúas horas e media máis tarde ao mesmo punto.

Entre os participantes nesta edición, ademais do director xeral de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, e do director comercial e de marketing da compañía, Julio Simarro, atopábase o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, que saudou aos participantes ao comezo do roteiro. Ao longo de toda a semana pasada tamén realizaron percorridos físicos, no marco desta iniciativa solidaria, os traballadores de Sulpasteis (a planta lusa pertencente á Corporación CONGALSA); representantes e usuarios das entidades sociais Ámbar e Amicos e membros de Cáritas Ribeira e do Club de Remo Pobra, coas que a empresa mantén unha estreita colaboración.

Está previsto que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o seu equipo realicen a andaina durante os próximos días.

A Andaina Solidaria de CONGALSA é unha das iniciativas benéficas máis relevantes de cantas desenvolve a compañía ao longo do ano. Neste 2022, a andaina estreou formato híbrido: puido realizarse fisicamente e tamén virtualmente. De feito, un total de 400 persoas inscribíronse para participar na versión en liña da iniciativa.

Doazóns para os máis necesitados
CONGALSA doará todas as achegas económicas, así como os alimentos, e converterá en euros todos os quilómetros realizados. Todo o recadado irá parar ás familias máis necesitadas do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...