Galicia pon a partir do luns a cuarta dose contra a covid a 21.000 usuarios de residencias

Galicia iniciará este luns día 26 unha nova ronda de inmunización contra a Covid-19. Como en ocasións anteriores farao comezando pola poboación máis vulnerable, os aquela que vive en residencias ou centro sociosanitarios.

Durante un período que Sanidade calcura dunhas dúas semanas inmunizaranse un total de 21.000 persoas. Neste caso, non se fará por orde de idade, senón por centro e avanzarase de forma simultánea en residencias das catro provincias.

A Consellería de Sanidade arrincará unha segunda fase da administración desta xa cuarta dose da vacina no mes de outubro. Neste momento comezará xa si a citar por idade, comezando co colectivo de persoas cidadáns maiores de 80 anos.

Para o seguinte, de 60 a 80, empregaranse os recintos de vacinación, coñecidos como ‘vacunódromos’, xa que, segundo afirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dotan de máis comodidade e axilidade no proceso e facilitan cuestións loxísticas da propia vacina. No caso de persoas de menos idade, non está previsto vacinárselles.

Segundo fontes da Consellería de Sanidade, Galicia dispón nestes momentos de 400.000 dose de vacina para este segundo reforzo da inmunización contra a Covid. Estas novas doses inclúen protección contra dúas variantes de ómicron (BA4 e BA5).

A cuarta dose da Covid abarcará, polo momento, a persoas a partir dos 60 anos, excepto inmunodeprimidos. Mentres tanto, a poboación diana da gripe, ademais de colectivos específicos, arrinca nos 65 anos.