Frinsa gana máis de 34 millóns pese á freada de vendas

28 Setembro 2022

Frinsa, a conserveira de Ribeira especialista en abastecer a marca branca dos grandes grupos de distribución, retrocede en ingresos, pero non en beneficios. A compañía pechou o pasado exercicio con 546 millóns de cifra de negocio, unha caída de 42 millóns respecto ao ano do Covid. O recorte nas vendas relega ao grupo á terceira posición entre as grandes conserveiras galegas, xa que Calvo, á que superara por primeira vez en 2020, alcanzou os 555 millóns de ingresos, segundo difundiu nun comunicado.
Os beneficios alcanzaron os 34,1 millóns en 2021, superando os 33 millóns do exercicio anterior. Equivalen a oito veces as ganancias de Jealsa, que o ano pasado viu trastornada a súa actividade polo incendio na súa planta de Boiro. O resultado de explotación de Frinsa creceu ata os 45,8 millóns e o ebitda superou os 58 millóns.
Este balance permitiu ao grupo repartir 22 millóns en dividendos, a mesma contía que a cargo do exercicio anterior. En xaneiro aprobou un pago de 2 millóns, mentres que en xuño e en setembro acordou outros dous dividendos de 10 millóns cada un. A compañía está controlada polo fundador, Ramiro Carregal, co 64,10% do capital, mentres que o seu fillo, Jorge Carregal Varela, é titular do 35,9% restante.

Provedora de Lidl, Carrefour ou DIA, a conserveira de Ribeira explica no seu Estado de Información non Financeira que é o sétimo maior comprador de atún do mundo ao procesar máis de 580 millóns de latas comercializadas. Aínda que o seu principal negocio é nutrir a marca de distribución de grandes grupos, tamén comercializa marca propia, Frinsa, Ribeira, Seaside e The Nice Fishermn, e desprega unha ducia de tendas de conservas gourmet baixo a marca da Conserveira.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.