En marcha o “Museo do Mar” de Ribeira

05 Setembro 2022

Ribeira podería contar en breve cun “Museo do Mar”, unha proposta que desde hai tempo está naos proxectos do alcalde, Manuel Ruiz, e que pasa por construír un edificio de baixo e dúas plantas que estaría destinados a zonas expositivas.

De momento está aínda sen decidir a ubicación e barallanse diversas localizacións posibles para o inmoble que estaría destinado a recoller a vinculación de Ribeira e o mar. A alternativa que se considera máis viable, dada a premura de tempo, é un espazo que se sitúa detrás da praia de Area Secada, nunha zona actualmente destinada a aparcamento e que limita coa depuradora, unhas pistas deportivas e, na zona frontal, co paseo marítimo de O Touro.

Alí construiríase un moderno edificio que tería, na súa planta baixa, 214 metros cadrados de superficie. Deles, 85 destinaríanse a área expositiva, xunto á que se habilitaría unha bancada de 56 metros cadrados. Almacén, aseos e recepción completarían a repartición.

Na primeira planta do inmoble situaríanse outras dúas zonas dedicadas á exposición de pezas vinculadas co mar, de 57 e 21 metros cadrados de superficie; mentres que no segundo piso habería outro espazo para mostrar aos público elementos mariñeiros, de 57 metros cadrados. O proxecto reserva unha zona de case 80 metros cadrados desta planta alta para habilitar unha gran terraza que permitirá aos visitantes obter un impresionante panorámica da ría de Arousa.

O orzamento desta ambiciosa actuación aínda non está pechado, pero o executivo local reservou 400.000 euros no plan de sustentabilidade turística a executar entre este ano e o 2024, para cuxa materialización o Concello recibiu dous millóns de euros procedentes dos fondos Next Generation. A idea é sacar a concurso a redacción do proxecto definitivo ao longo deste mes dado que existe un prazo para executalo proxecto

Concello

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.