Detidas catro persoas nun operativo contra un grupo dedicado ao tráfico de armas na Costa da Morte

17 Setembro 2022

A Garda Civil de Carballo desarticulou un grupo criminal dedicado ao tráfico de armas na Costa da Morte, un operativo que se saldou coa detención de catro persoas.
O gupo realizaba de maneira ilegal a compra destas armas e da súa munición no estranxeiro, vendéndoas posteriormente na zona particulares que carecían do permiso de armas correspondente. Mesmo chegaron a ofertar a súa venda a menores de idade en proximidades de centros escolares.

A Garda Civil logrou a identificación plena dos supostos compoñentes deste grupo criminal e iniciou entón un dispositivo de localización dos mesmos.

Durante esta operación, os axentes localizaron a dous deles nas inmediacións dun parque infantil do Concello de Dumbría en posesión dun arma de fogo carente de documentación, co número de serie borrado, municionada e en condicións de realizar un disparo.

A Garda Civil procedeu á detención destas persoas como presuntos autores dun delito de tráfico de armas e outro de pertenza a grupo criminal. Posteriormente, os gardas civís localizaron aos outros dous supostos compoñentes do grupo criminal, aos que se lles interviñeron catro armas de fogo nas mesmas condicións que a primeira.

Garda Civil

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.