Ambar celebra con Quico Cadaval a gala do seu 40 aniversario

08 Setembro 2022


Este sábado 10 de setembro ás 20:00h celebrarase no Restaurante Baiuca (Goda, Artes, Ribeira) a gala do 40 aniversario da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional no Restaurante Baiuca.
Contarase coa presenza do escritor, dramaturgo e narrador oral Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) como mestre de cerimonias, quen tamén será o encargado de iniciar o acto facendo un monólogo. Tamén se contará coas intervencións de Milagros Rey, presidenta de Ambar; Anxo Queiruga, presidente da confederación galega COGAMI; Sandra González Castro, delegada de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña; Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira e Fernando Gonzalez, director xeral das Persoas con Discapacidade da Xunta.

Unha vez rematado o acto de presentación comezará a cea. Haberá sorteos de agasallos para as e os presentes e, para rematar, está previsto un baile.

Cronograma do acto
20:00 Apertura do acto
20:45 Monólogo Quico Cadaval
21:30 Intervención das autoridades
22:00 Cea
23:30 Sorteo de agasallos
00:00 Inicio do baile
Lugar : Restaurante Baiuca
Lugar de Goda, 5, 15969 Goda, A Coruña


Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...