Aberto o prazo de inscrición para a festa Holi da Pobra

06 Setembro 2022

Unha das actividades que integran a programación da celebración do Nazareno é a festa Holi
que encherá de cor a tarde do sábado 17. Trátase dunha proposta dirixida a tódolos públicos que se impulsa dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e que se focalizará nas pistas deportivas do Castelo a partir das 17.30 horas.
Para asistir é preciso anotarse de balde na páxina web www.somosenredos.com e a data límite establécese no 14 de setembro.
Farase entrega dunhas lentes e pigmentos en distintas tonalidades no propio día do evento. Anímase, ademais, a acudir con vestimenta branca para que as cores resulten máis vistosas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.