A mostra Encontros achega á casa da cultura da Pobra as acuarelas de Corral e ‘Marod’

02 Setembro 2022

Un total de 45 cadros de temática diversa conforman a mostra Encontros, que acubilla a casa da cultura Raquel Fernández Soler e na cal predomina a acuarela, se ben hai presenza dalgún óleo. É un encontro entre Asun Rodríguez ‘Marod’ e Cris Corral que se dá nun dobre sentido: ambas levan veraneando na Pobra moitos anos e coñecéronse na localidade, a través do Instagram, e lanzáronse finalmente a compartir esta mostra coa acuarela como protagonista. Unha técnica que engaiolou ámbalas artistas durante o confinamento, aproveitando as clases en liña (online) que ofrecían profesionais. Corral iníciase así no mundo da arte, mentres que ‘Marod’ explora un novo método que diversifica a súa consolidada traxectoria especializada no óleo e no debuxo que comezou máis de dúas décadas atrás.
No acto inaugural deste 1 de setembro, que estivo amenizado por Arrancadeira, participou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), quen fixo fincapé no compromiso da Administración local de
apoia-lo talento, o cal se reflicte nas múltiples exposicións que se levan realizando ao longo de todo 2022 na referida instalación municipal, dada tamén a boa acollida da xente e a confianza depositada por numerosas persoas vencelladas ao ámbito cultural.
É unha ocasión especial nun sentido dobre, segundo manifestou a edil, pois trátase dunha exhibición artística que establece sinerxías entre dúas mulleres ao tempo que serve de debut para unha delas e como innovación na creación pictórica da outra.
Lojo tamén se referiu ao simbolismo destes cadros nos cales se mestura auga e pigmento igual ca a creatividade de Corral e ‘Marod’.
O público pódese achegar ata finais do mes de setembro, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.