A estación potabilizadora de Roupión (A Pobra) é obxecto de purgas pola presenza de cinzas

05 Setembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que as fortes chuvias desta madrugada arrastraron as cinzas dos recentes incendios na comarca á captación do río das Pedras, que fornece de auga a estación potabilizadora de Roupión. A empresa concesionaria do servizo está traballando para o restablecemento da rede, polo que cal producirán cortes nas zonas de Santa Cruz, Entrerríos, A Banda, A Casa Queimada, Freán, As Pedriñas, Os Vilares, Rego, Rosamonde e A Gándara, o cal afectará unhas 250 vivendas.

O Concello explicou que “debido a que a auga non é apta para o consumo pola presenza das impurezas, actualmente esta a se baleirar o depósito para volver enchelo coa auga que recibimos do Ulla”.

E engádese: “Estas tarefas son laboriosas, polo cal se estima que o corte dure unhas 6 horas para que a subministración recupere a normalidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...